martes, 17 de marzo de 2015

O TALENTO RETORNA A GALICIA



Hai uns días, os periódicos daban conta do próximo regreso a Galicia do físico Diego Martínez Santos.

En 2013, o mesmo día no que se lle denegaba un contrato Ramón y Cajal, coñecíase que fora galardoado co premio da Sociedade Europea de Física (EPS) ao mellor físico de partículas novo do ano. Dicía entón o científico focense que “el rechazo de la beca no es tan sorprendente… [hay] pocas plazas y normalmente se otorgan a investigadores con más edad”, aínda que engadía que “lo que sí es sorprendente es lo que escriben en el informe… [dicen] que mis resultados están por debajo del nivel medio internacional que se requiere para mi edad y que me falta liderazgo internacional”, xa que entón dirixía un grupo de análise de medidas no CERN e fora seleccionado polo organismo como un dos mellores candidatos para obter un posto permanente tras ser o actor principal nun experimento do acelerador de partículas LCH, sobre as desintegracións dunha partícula chamada mesón B, cuxas conclusións reafirmaban o modelo estándar de física de partículas. En 2014 volvéuselle a denegar o contrato Ramón y Cajal.

Tras recibir o galardón da EPS, Diego xa indicaba que a pesar da súa escasa contía económica (1.000 euros) ese tipo de premios “ayuda mucho para para que te den una Starting Grant del ERC (European Research Council), bolsa que concede un millón e medio de euros para que mozos investigadores con talento e potencial acreditado poidan desenvolver durante 5 anos un proxecto de investigación excelente nunha organización de situada na Unión Europea. E a finais do ano pasado, cando obtivo a subvención da ERC, afirmaba que «A Starting Grant é como gañar a Champions, e unha Ramón y Cajal é como gañar a liga» e tivo claro que ía regresar a Galicia. Cando se lle preguntou se ía acollerse ao novo programa da Xunta para captar talento, dixo que era unha opción. 

Este 10 de marzo, converteuse no primeiro investigador en acollerse ao plan galego de captación de talento Oportunius [1], tras chegar a un acordo coa Consellería de Economía e Industria. «Eu retorno a Galicia porque conseguín os 1,5 millóns de euros, pero tamén podería pasar que a metade do programa, se aquí non vira posibilidades de futuro, me marchase de novo para outro sitio. Por iso penso que o Oportunius é unha boa oportunidade para que me quede en Galicia, porque se me ofrece unha estabilidade».



 

[1] O programa Oportinius, que pretende seguir os pasos da Institució Catalana de Recerca i Estudis Avançats (ICREA) y de Ikerbasque na atracción de investigadores de excelencia y la recuperación de talento, ofrece a través do seu Itinerario 1 para gañadores dunha Starting Grant “un marco laboral estable, segundo o réxime determinado na Lei da Ciencia, a través dun contrato de Investigador Distinguido, para facilitar o correcto desenvolvemento da súa carreira investigadora.”

No hay comentarios: