viernes, 21 de agosto de 2015

LECTURAS DE VERÁN (III): RECURSOS NA BUDC


Rematamos a serie de entradas no blog sobre lecturas de verano falando dos recursos electrónicos nas coleccións da Biblioteca da UDC. 

Os recursos subscritos polas bibliotecas universitarias abraguen os campos de investigación científica e humanística (sobre todo publicacións periódicas, bases de datos e monografías adquiridas na súa maior parte a través de consorcios; tamén versións electrónicas que acompañan a manuais adquiridos en papel); as coleccións de recursos de obras de ficción son máis propias da biblioteca pública. En Galicia, a Rede de Bibliotecas Públicas dispón da plataforma GaliciaLe para o préstamo de libros electrónicos.

Na sección Recursos de información da BUDC e dentro do apartado Libros electrónicos atopamos aparte de obras de referencia distintas coleccións temáticas e multidisciplinares:
  • En EBSCOhost hai máis de 1800 libros de ficción (e unha ampla variedade de ensaios), pero moi poucos en español
  • LION (Literature Online) é o recurso principal na materia, con de máis de 350.000 obras a texto completo de literatura en lingua inglesa desde o século XVIII ata os nosos días. Ten as edicións de Penguin Classics. Pódense descargar como texto plano calquera obra de Jane Austen, George Eliot, Shakespeare,as irmás Brontë, etc.

No hay comentarios: