viernes, 20 de noviembre de 2015

IS SCIENCE BROKEN?



Tras a xornada que, co título “Is science broken? If so, how can we fix it?”, tivo lugar este ano no University College de Londres, cobrou forza o debate online que baixo a etiqueta #IsScienceBroken desenvólvese aínda nas redes sociais.

Para sustentar unha contestación negativa e unha visión pesimista, algúns artigos (Science Is Broken--But It Can Be Fixed) fixeron fincapé nunha serie de problemas, recompilados no lúcido e máis optimista traballo de de Christie Aschwanden, Science Isn’t Broken:
  • Problemas na revisión por pares
    • Nesgo a favor da selección de artigos rechamantes (Nature, Science, Cell) ou acordes á liña editorial das revistas: casos Sokal y SciGen

O artigo de Aschwanden, que leva por subtítulo “It’s just a hell of a lot harder than we give it credit for“ argumenta que é a dificultade da ciencia a que orixina os problemas anteriores[1]. Karl Popper dicía que unha das características definidoras da ciencia é a falsabilidade. Máis preocupante sería que non se detectaran fraudes y erros. 

No seo da ciencia aberta xurden iniciativas de validación de experimentos (Reproducibility Project, Reproducibility Initiative), software de detección de plagios, a Open Notebook Science e moitas outras que aumentan a transparencia do proceso científico. 






[1] "O método científico é o camiño máis rigoroso para o coñecemento, pero tamén é complicado e difícil. A ciencia merece respecto precisamente porque é difícil, non porque obteña as solucións correctas ao primeiro intento. A incerteza inherente á ciencia non significa que non podemos usala para tomar decisións importantes. Só significa que debemos manter a cautela e adoptar unha mentalidade que está aberta a cambiar de rumbo se xorden novos datos. Debemos tomar as mellores decisións que podemos coa evidencia actual, e ter coidado de non perder de vista o seu poder e o grao de certeza. Non é casualidade que todo bo traballo inclúe a frase "necesítanse máis estudos": sempre hai máis por aprender."

No hay comentarios: