miércoles, 23 de diciembre de 2015

As bibliotecas este ano


O marco da crise é a referencia imprescindible para entender o estado das bibliotecas hoxe. É moi suliñable que, nestes anos e nuns sitios máis que en outros, as bibliotecas son un refuxio para os cidadáns que, agobiados polos recortes, atopan nas bibliotecas saber e entretemento, internet e xogos, xornais e revistas,  pero tamén unha sala acolledora e confortable na que esquecerse das condicións cotiás.

Pero a mesma crise ten azoutado as bibliotecas; por poner só un exemplo, as bibliotecas públicas do estado anularon as suscripcións a revistas, e o orzamento para compra de libros ten sido diminuído. Tamén nas bibliotecas universitarias notouse a crise, os cartos non chegan e resulta difícil soster a subscrición ás revistas, aínda que as versións electrónicas permiten aforrar ás veces, e tamén a compra de monografías, pois os libros estranxeiros aumentaron o prezo moitísimo nos últimos anos; coas bases de datos sucede o mesmo, e todalas universidades teñen feito recortes. Sen esquencerse do IVE, que nos servizos electrónicos é dun 21% e nos libros mantense no 4%, ainda que os libreiros levan pedindo o IVE o para os libros dende fai anos.

O IVE cultural afecta tamén ás bibliotecas, pois todas as manifestacións da cultura teñen presenza nas bibliotecas, e ás veces os textos son complemento de moitos outros elementos do sector: música, cine, teatro, etc.

Coidamos que esto mellorará, e que a crise e os recortes vaian saíndo pouco a pouco do noso traballo.

No hay comentarios: