lunes, 1 de febrero de 2016

OS SERVIZOS DE APOIO Á INVESTIGACIÓN NAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS ESPAÑOLAS


Falabamos no entrada anterior de que co obxecto de adaptar as bibliotecas universitarias (BU) ao proceso de Bolonia, REBIUN estableceu un novo modelo as biblioteca: o CRAI, Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación, con fincapé nas funcións de soporte ao estudo e á investigación. 

A maior parte dos sitios web das bibliotecas universitarias españolas recorre a esta definición para agrupar os recursos de interese para o PDI baixo epígrafes do tipo “Apoyo á investigación”; un paso máis foi a creación de servizos de apoio al investigador con entidade propia que non se limitaran a recompilar recursos senón que ofrecera servizos de asesoramento e información bibliométrica ao PDI sobre normalización de nomes e filiacións, sistemas de identificación de autores como o puxante ORCID, o uso e difusión dos repositorios institucionais, as posibilidades do acceso aberto e das redes científicas, etc..  Os repositorios, os servizos de bibliometría e de información e outros incardínanse nestes servizos que conectan investigadores e bibliotecarios.

Conclusións da análise comparativa dos recursos de investigación nos sitios web das bibliotecas de universidades públicas españolas:

Algunhas páxinas web de BUs españolas xa reflicten servizos de apoio ao investigador deste tipo: destacan as de a Universidade de Navarra, a da Universidade de Sevilla e a Universitat Rovira i Virgili.  Tamén teñen este servizo as bibliotecas das seguintes universidades: Granada, Valencia, Barcelona, UPC, Pompeu Fabra, UC3M, etc.

Outras moitas páxinas parten de webs de agrupación de recursos para o PDI baixo epígrafes de “Apoyo a la investigación” (aínda o máis frecuente nas BU españolas); bastantes van crecendo e ampliando a oferta das actividades de soporte de cara a converterse en Servizos de Apoio propiamente ditos. Os novos servizos poden rematar cunha remodelación ou unha sección web separada, ou con unha ampliación de contidos na rede. 

Finalmente, outras BU manteñen denominacións clásicas para reunir os recursos e servizos tradicionais de apoio a o persoal docente e investigador: seccións de bases de datos e outros recursos electrónicos, información, préstamo interbibliotecario, formación especializada, etc.

Comparativa dos recursos de investigación nos sitios web das BU españolas (en español)

No hay comentarios: