viernes, 29 de julio de 2016

Lecturas de verán


Unha das misións da Universidade da Coruña é a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
Dende a Biblioteca queremos impulsar esta misión promocionando a lectura recomendándovos que aproveitedes o periodo de vacacións para ler. No Facebook da Sección de Información e Coordinación darémosvos algunha idea; e en páxinas de revistas sobre libros (por exemplo, Qué Leer), suplementos culturais de periódicos (BabeliaABC cultural) e blogs de literatura (como Elemental) atoparedes diversas suxestións; tamén podedes buscar algún libro concreto no catálogo da Biblioteca da UDC, ou botar unha ollada nas seccións BIC (Biblioteca de Interés Cultural) das bibliotecas dos centros; nelas descubriredes lecturas para todos os gustos, como novelas, ensaios, guías de viaxe, cómics, etc.

No hay comentarios: