jueves, 6 de octubre de 2016

AS REVISTAS ELECTRÓNICAS NA WEB DA BUDC

Nas últimas entradas do blog falamos da clasificación dos recursos de información no sitio web da BUDC en coleccións dixitais e recursos gratuítos dispoñibles en internet, entre os que se atopan os materais en acceso aberto. Os recursos tamén poden agruparse por tipoloxía documental, e así falamos de bases de datos, revistas e libros electrónicos, etc.

Ahora imos tratar das revistas electrónicas, deixando os restantes para máis adiante.

Ao introducir o tema das revistas electrónicas soen aparecer unha serie de problemas ou cuestións básicas. Por exemplo, no apartado “Economics of Scholarly Publishing” da última edición do Scholarly Communication Toolkit empréganse as expresións "serials crisise "big deal". A crise das publicacións seriadas é o resultado dunha serie de factores:
  • As universidades pagan dúas veces polos seus artigos: unha cando financian as investigacións e outra cando teñen que comprar os xornais que publican os resultados das mesmas
  • Os problemas dese dobre gasto o aumentan en época de crise, cando os orzamentos das bibliotecas diminúen mentras o prezo dos xornais segue subindo
  • O paso do papel ao formato electrónico non supuso unha desaceleración de esa suba de prezos. Ao contrario, seguiron crecendo no marco dun mercado oligopolístico dominado por cinco grandes empresas  -Big five- con capacidade para fixar os prezos

O sistema de “big deal” supón que as grandes editoriais o distribuidoras venden as bibliotecas ou consorcios as revistas por paquetes con contido preestablecido, que non ten por que coincidir co do centro de investigación. Nese tipo de venda fanse descontos e págase menos por cada revista en concreto. Isto en teoría mitigaría os efectos da “serial crisis”, pero segundo algúns autores agudízaos.

Para evitar estes problemas de gasto excesivo e para favorecer o desenvolvimento da ciencia xurde o movemento internacional de acceso aberto. O sistema de publicación en acceso aberto está consolidado, conta co respaldo de declaracións internacionais e políticas públicas e ofrece dúas vías:
Hai tipos de revistas en acceso aberto (híbridas, con APCs, etc.) que presentan algún dos inconvenientes do sistema anterior de xornais de pago. Nunha entrada anterior do blog xa falabamos dos problemas derivados de revistas que exixen o pago dunha taxa por publicar: article-processing charge ou APC. E de como, no marco do pulo das institucións europeas ao proceso de transición cara o acceso aberto ("Tódolos artigos científicos deberán ser libremente accesibles en 2020", segundo a UE), estánse a procurar alternativas as revistas de acceso aberto con APCs, xurdindo así novos tipos de revistas. Tamén suxírese a vía verde dos repositorios como solución (a favor, en contra)

Tendo en conta o anterior, pasamos a describir a organización das revistas electrónicas na web da Biblioteca:
Vimos de engadir unha nova páxina de Revistas científicas en  Recursos de información--Outros recursos xerais. Nela, máis que das revistas concretas accesibles a través do sitio web da BUDC, achégase información de referencia con ligazóns a listaxes de revistas internacionais, nacionais, de acceso aberto, indizadas na Web of Science, en Scopus, con factor de impacto, etc, na que incardinar a colección da UDC:

No hay comentarios: