lunes, 19 de diciembre de 2016

Fiador: as guías temáticas



As Guías Temáticas (Fiador) son unha selección de recursos de información relacionados cos ámbitos temáticos de docencia e investigación da universidade. Os seus destinatarios son principalmente os estudantes, profesores e investigadores da UDC.
Antes de profundizar nestas guías é necesario enmarcalas no ámbito da referencia virtual, servizo que mediante o empleo das tecnoloxías da información  permite a comunicación do usuario co bibliotecario, en calquera momento e lugar, para a satisfacción das súas necesidades formativas e informativas. Existen diversas modalidades de ofrecer este servizo: dende a recopilación de recursos de  interese (como o caso das guías, para cuxa elaboración un dos sistemas de xestión máis coñecidos é Libguides) ata a posibilidade de contactar co bibliotecario en tempo real a través de chats ou correo electrónico (por exemplo, o proxecto Question Point).

Centrándonos xa nas guías da nosa biblioteca, foron elaboradas polos bibliotecarios da universidade mediante o software libre SubjectsPlus, implementado polo CBUG para a organización dos recursos electrónicos das tres universidades galegas.
As guías permiten a clasificación dos recursos por ámbito (as cinco grandes áreas científicas), materia (graos ou especialidades de cada centro) ou tema (guías específicas de tipoloxías documentais ou cuestións concretas).
As dos ámbitos científicos as elabora o persoal bibliotecario da Sección de Información do Servizo de Biblioteca,  mentres que as guías de materia ou tema son  responsabilidade das bibliotecas de centro. En ambos casos, o persoal as mantén actualizadas, incorporando ademáis as suxerencias do profesorado.

Fiador estrutúrase sobre dous elementos fundamentais: as guías e os recursos.
Cada guía contén os elementos seleccionados agrupados por tipo de recurso (bases de datos, portais temáticos, blogs…), así como os datos de contacto dos bibliotecarios especializados na materia.
Os recursos poden localizarse dentro das guías, en listaxes alfabéticas ou no buscador de recursos, situado na parte superior dereita da interface de Fiador.
Cada recurso vai acompañado dunha breve descrición e dunhas iconas á súa esquerda que indican o tipo de recurso, modo de acceso, existencia de manuais de uso, etc. 

Fiador localiza e agrupa dende bases de datos subscritas pola BUDC ata recursos en acceso aberto, pero non revistas electrónicas ou libros electrónicos de pago, polo que a páxina, ademáis dos dous compoñentes principais (guías e recursos), inclúe dous formularios de busca destes recursos. A maiores, a incorporación dun formulario para “Buscar no catálogo” fai de Fiador un localizador de tódolos recursos (electrónicos e impresos) da biblioteca da UDC. 

No hay comentarios: