martes, 21 de marzo de 2017

As bibliotecas da UDC: información xeral



Neste post daremos unha pequena visión sobre aspectos xerais que atinxen ás bibliotecas da UDC, como os puntos de servizo de que consta, persoal ou normativa.
A Biblioteca Universitaria da UDC conta en total con dezasete puntos de servizo:
O fin de tódalas bibliotecas é poñer a disposición dos usuarios recursos de información para dar soporte ao estudo, á docencia e á investigación. Estes recursos son aproximadamente  853.450 libros, 110.328 ebooks e 49.662 documentos noutros formatos, como mapas, microformas, DVD, etc. Conta tamén con  9.231 revistas en papel e  24.596 en formato dixital, ademáis de dar acceso a 59 bases de datos que cubren tódalas disciplinas científicas.

O horario xeral de atención ao público é de 08.30 a 21.30, de luns a venres, que pode verse reducido en periodos de vacacións.
En canto ó persoal, son 101 os bibliotecarios que atenden aos usuarios dende os diferentes puntos de servizo. Neste directorio podedes consultar un listado do persoal de tódalas bibliotecas coas súas correspondentes direccións de correo electrónico e extensións telefónicas.

Por último, en canto á normativa pola que se rixe a biblioteca temos o Regulamento do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña. Destacaremos de cara ao usuario uns documentos normativos que poden ser de gran interese:
Tamén é importante a Carta de dereitos e deberes dos usuarios da Biblioteca da Universidade da Coruña, encamiñada á mellora da calidade do seu servizo, dando resposta ás  necesidades  e expectativas dos usuarios. Nela recóllense os dereitos e deberes que teñen os usuarios, así como os canles de participación dos que dispoñen para colaborar na mellora da prestación do servizo.          

No hay comentarios: