viernes, 29 de septiembre de 2017

Revistas incluídas no JCR e SJR en base aos departamentos da UDC



Dende esta semana tedes acceso a través da web da biblioteca a listaxes de revistas incluídas na última edición do JCR e SJR e cuxa temática estea relacionada cos departamentos ou áreas de coñecemento da UDC. Podedes acceder a elas a través do Servizo de Apoio á Investigación>Indicadores de calidade de revistas científicas:


Poden ser de gran utilidade para o PDI, xa que este persoal desexa que o seu traballo sexa publicado en revistas que lles proporcione a máxima difusión e visibilidade. A súa consecución constitúe mérito nos procesos de avaliación polas axencias nacionais xa sexa para obter a acreditación cara ó acceso á carreira docente na universidade, para recoñecemento de sexenios, ou avalar proxectos de investigación. Desta forma, os dous recursos principais para localizar revistas de impacto e que se teñen en conta nestes procesos de avaliación son a Web of Science (a través do JCR) e Scopus (co SJR).

Nas listaxes elaboradas, de cada departamento inclúense 4 apartados sempre que sexa posible:
- resultados de revistas españolas en JCR
- resultados de revistas internacionais en JCR
- resultados de revistas españolas en SJR
- resultados de revistas internacionais en SJR
Exemplo:










Hai casos nos que é necesario descender a áreas concretas, como Humanidades ou Letras, pero séguese o mesmo criterio anterior e inclúense as mesmas listaxes de cada unha delas.
Exemplo:

 

No hay comentarios: