Hai unhas semanas dedicabamos un
post deste blog a analizar a presenza das bibliotecas na Wikipedia. Citabamos
un artigo de Concha Varela Orol, Bibliotecas
galegas: enredad@s co patrimonio?, no que se deixaba constancia de que
crear contidos na rede implica traballar contidos non só nos espazos propios
como a web, blogs, redes sociais, etc., senón que tamén implica saír a outros
nodos para estar presentes con información de calidade. Citaba como exemplo
disto último as wikipedias, pola súa importancia como traballo
colaborativo e uso na rede.
Por iso, dende a Sección de
Información e Referencia elaboramos unha entrada dedicada á nosa biblioteca na
equivalente en galego da Wikipedia, a Galipedia.
A podedes consultar nesta ligazón.
Nela describimos brevemente en
qué consiste este servizo da universidade e analizamos a súa estrutura dando conta dos diversos
puntos de servizo bibliotecario que se ofrecen entre os campus de Ferrol e
Coruña. Tamén damos información sobre os documentos que integran a colección, tanto das cantidades como
dos formatos, destacando a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada
a este escritor e reputado investigador teatral galego. Os servizos que ofrece a biblioteca tamén aparecen brevemente descritos
nesta páxina, citando os principais: información, préstamo, formación de
usuarios e servizos en liña.
Por último, inclúense outros
artigos relacionados (páxina da Galipedia da Biblioteca da Universidade de
Santiago de Compostela), así como a ligazón externa á páxina web da biblioteca.
Desta maneira sumámonos á
iniciativa de moitas outras bibliotecas que teñen o seu artigo na Galipedia,
como é o caso da Biblioteca
de Galicia. Na cidade da Coruña, citamos como exemplos a Biblioteca
Provincial da Diputación da Coruña ou a Biblioteca
Pública de A Coruña Miguel González Garcés.
Xa a nivel nacional teremos que
recurrir á Wikipedia, na que tamén están presentes moitas bibliotecas
universitarias de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario