viernes, 9 de febrero de 2018

Ranking Web de Universidades - Webometrics: actualización xaneiro 2018



Como é habitual a principios de ano, en Webometrics veñen de actualizar algúns dos seus rankings de universidades: a nivel mundial, de Europa, España ou Latinoamérica. Ademais, actualizáronse os rankings de autores segundo perfís públicos en Google Scholar. Esta clasificación publícase dende o ano 2004 cada seis meses.
Trátase de listados confeccionados polo Laboratorio de Cibermetría, un grupo de investigación que pertence ao CSIC, que subministran información de máis de 27500 universidades e institucións de educación superior e que están baseados en distintos indicadores, centrándose na presenza e impacto na web. Os principais que se teñen en conta son:

- presenza: mide o volumen de información publicada na web
- impacto: construido a partir dos enlaces recibidos de terceiros
- apertura: número de documentos que se ofrecen en aberto
- excelencia: artigos de calidade situados entre o 10% máis citado de cada especialidade

No que respecta a España, os primeiros postos ocúpanos a Universidad de Barcelona e a Complutense de Madrid. A UDC atópase no posto 38. A nivel Europa, liderada pola Universidad de Oxford, a UDC aparece no posto 377 e a nivel mundial, no que se atopa en primeiro lugar a Universidad de Harvard, a UDC ocupa o posto 895.
No ranking de autores segundo perfís públicos en Google Scholar, aparecen 33 autores da UDC, incluíndo o CHUAC. 
No ranking dos 1000 investigadores máis citados, mencionamos como curiosidade que os tres primeiros postos corresponden aos xa difuntos Michel Foucault, Pierre Bourdieu e Sigmund Freud. O primeiro español é o físico Alberto Ruiz Jimeno, da Universidad de Cantabria.

No hay comentarios: