lunes, 14 de octubre de 2024

Benvidos o novo curso 2024/2025

Dende o servizo de Biblioteca da UDC queremos aproveitar este inicio de curso para presentar os nosos servizos ós novos membros da comunidade universitaria: alumnos, profesorado e persoal de administración e servizos. 

O servizo de biblioteca ofrece recursos, servizos e espazos para facilitar a docencia, o aprendizaxe e a investigación, a través dun sistema bibliotecario único, descentralizado e coordinado, composto pola Biblioteca Central e quince bibliotecas.



A través de CRUNIA, a ferramenta de busca de recursos da biblioteca podedes localizar e acceder tanto ós recursos físicos, como ós recursos en liña que forman parte das coleccións das distintas bibliotecas, e tamén os documentos almacenados no repositorio institucional da UDC.

Na nosa guía para o novo alumnado atoparás a información básica sobre as bibliotecas e os servizos: localización, horarios, coleccións, normativa,  consulta en sala, préstamo, reserva de libros, renovación do préstamo, préstamo intercentros, préstamo interbibliotecario, formación, etc. Algunhas das bibliotecas ofertan a maiores outros servizos como reserva de salas de traballo en grupo, préstamo de ordenadores portátiles  e préstamo de libros electrónicos.





As nosas bibliotecas son ademáis un espacio de encontro para a creación de vínculos entre os membros da comunidade, a universidade e a nosa contorna polo que organizan, difunden e colaboran na montaxe de exposición, coloquios, charlas, clubes de lectura, ... En resumo, unha chea de actividades de ocio que coñeceredes a través das nosas redes. 


E por se fora pouco algunhas das nosas bibliotecas agochan pequenos e grandes tesouros como:

  • A colección audiovisual da Biblioteca de Socioloxia e Ciencias da Comunicación.
  • A sección de comics da Biblioteca de Economia e Empresa.
  • O fondo local de Ferrol e comarca, que forma parte das coleccións da Biblioteca da casa do Patín.
  • A Biblioteca - Arquivo Francisco Pillado Mayor que pertence a Biblioteca da Facultade de Filoloxía.
  • O patrimonio cultural da biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura, que grazas as doazóns de moitos arquitectos, converteuse nunha das bibliotecas de arquitectura máis importantes do país. Onde  podemos atopar dende obras do século XVI ata ás bibliotecas dalgunhas das mulleres pioneiras da arquitectura en España. 








No hay comentarios: