sábado, 17 de mayo de 2025

Letras Galegas 2025 : As Cantareiras

Este ano o Día das Letras Galegas dedicase á candidatura colectiva das "Cantareiras", como mulleres que cantan cantigas populares segundo recolle o Dicionario da Real Academia Galega. Con esta candidatura quérese por en valor o papel das mulleres galegas como creadoras, conservadoras e transmisoras da tradición e a poesía oral galega. 




As Cantareiras son mulleres anónimas que cantaban en xuntanzas veciñais ou despois das tarefas colectivas de labranza; as cantigas son parte da tradición oral da lingua e xunto coa música e o baile forman parte do patrimonio inmaterial dun pobo. A candidatura das Cantareiras vincula a Lingua coa celebración da vida cotián, coa vida comunitaria, co ocio e a ledicia. As Cantareiras son herdeiras dunha tradición que se transmitiu por xeracións e que estaba a piques de desaparecer cando a finais do século XX foron recollidas e documentadas por musicólogos e antropólogos, agrupacións folclóricas e grupos musicais, para ser agora reinterpretada polas novas xeracións. 


A candidatura colectiva personalizase en varias mulleres que saltaron a escena pública a partir dos anos 70 da man de asociacións culturais, grupos musicais e investigadores da música e o folclore, son: Eva Castiñeira, Rosa e Adolfina Casás, e Teresa García Prieto, Manuela Lema, Prudencia e Asunción Garrido Ameijenda coñecidas como as "Pandereteiras de Mens", pero houbo moitas máis que permanecerán por sempre no anonimato.


Celebración das Letras Galegas na Universidade da Coruña




 

Para  conmemorar o día grande da nosa lingua a Universidade da Coruña organizou unha serie de actos que arrincan no serán do 16 e finalizan o 22 de Maio. Entre as actividades programadas están un evento literario con Manuel Rivas, a publicación do libro Por que non hei de cantar?, unha escolma de cantigas populares da zona de Elviña e Ferrol, e un proxecto para a recuperación da toponimia do Val de Elviña, e un concerto de música no que Faia Díaz presentará o seu novo disco inspirado na poesía popular oral galega .   

Ademais as Bibliotecas da Universidade da Coruña quixemos facer as nosas pequenas aportacións para celebrar o día da nosa lingua e reivindicar o papel das Cantareiras, figuras coma as bibliotecas, socialmente pouco recoñecidas pero que realizaron un gran traballo para manter e difundir a memoria colectiva da poesía oral e da lingua galega; un traballo de facer comunidade arredor da música, do baile e do folclore; un traballo de recolección e conservación do patrimonio cultural do país para o seu estudo e para o deleite noso e das xeracións futuras de todos os pobos.  Son:


 Un centro de interese e un taboleiro en Pinterest na  Biblioteca de Filoloxía  






Unha exposición co gallo do Día da Letras Galegas na Biblioteca do Patín 

































Na Biblioteca de Ciencias da Educación fixemos unha exposición. 














































Unha colección en CRUNIA con recursos sobre o as cantigas e as cantareiras na Biblioteca Central 


Outros recursos 


Tamén queremos compartir con vos outros recursos que están aparecendo para profundizar na tradición oral das Cantigas e as Cantareiras.



A páxina Cantareiras:  Letras Galegas 2025  da Real Academia Galega

Primavera das Letras: proxecto da RAG para achegar ao público infantil a figura das cantareiras.


Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego onde se pode consultar en liña os arquivos sonoros e os textos do cancioneiro de Schubarth.   


O proxecto audivisual da RTVG Non canto por cantar que inclúe unha web e unha serie de seis capítulos.


A serie Axudádeme a cantar do Consello da Cultura Galega


No hay comentarios: