miércoles, 21 de mayo de 2008

BASE DE DATOS DE EEBO

Ata o día 20 de xuño teremos acceso á base de datos Eebo de Chadwyck.
Nela podemos atopar texto completo en formato electrónico de 135.000 títulos editados entre 1473 e 1700. Inclúense monografías, panfletos, manuscritos, partituras, mapas, baladas populares, carteis, libros de oracións, almanaques, etc. Aproximadamente 20 millóns de páxinas escaneadas, facsímiles de todos os libros e documentos impresos en Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e "British North America" entre os anos anteriormente indicados, obras de literatura como (Shakespeare, Spenser, Marlowe), ciencia (Galileo, Harvey, Mercator, Versalius, Newton), Relixión (Calvin, Luther, Knox, Laud), historia (Drake, Raleigh, Hakluyt), filosofía (More, Bacon, Kemp) e política (Macchiavelli, Prynne, Lilburne).
Ofrece obras en máis de 33 idiomas, así como textos únicos e raros, moitos deles dispoñibles soamente en formato electrónico en EEBO.
Para acceder a esta base de datos non é necesario ter login nin password, basta con entrar dende a web da biblioteca.

No hay comentarios: