martes, 3 de junio de 2008

FORMACIÓN EN OVID

Seguindo co plan de formación nas bases de datos da biblioteca da UDC, o vindeiro 17 de xuño terá lugar na aula 1 do edificio Xoana Capdevielle unha sesión de formación en OVID.
Ao igual que en anteriores ocasións disporase de dous turnos:
Mañá de 12.00 - 14.00 h.
Tarde de 16.30 - 18.30 h.
As bases de datos coas que contamos pertencentes á plataforma OVID son:
AMED: referencias de artigos sacados de 400 revistas sobre medicina alternativa, fisioterapia, terapia ocupacional, rehabilitación, coidados paliativos, etc. O seu ámbito xeográfico é principalmente europeo.
Embase Rehab & Physical Medicine: referencias bibliográficas con resumos de artigos publicados en máis de 4000 revistas, de máis de 70 países, sobre rehabilitación de doenzas somáticas e mentais por medio da fisioterapia e outras modalidades terapéuticas.
Francis: referencias bibliográficas e resumos de artigos, capítulos de libros, actas de congresos, teses, etc.
Pascal: referencias bibliográficas e resumos de artigos, informes, teses, actas de congresos, etc.
Como en anteriores edicións para poder asistir aos cursos é necesario apuntarse, ben mediante un correo electrónico a informacion.usuarios@biblioteca.udc.es ou chamando ás extensións 5639, 5663, 5665.

No hay comentarios: