Seguramente esta pregunta fixéstela moitos de vós nos últimos meses, miremos onde miremos atopámonos con este termo, aínda que non saibamos moi ben a que se refire ou mesmo si realmente existe.
A Web 2.0 está de moda, para moitos é tan só iso, unha moda, querer vender servizos xa existentes con outro nome, mentres que moitos outros ven un avance nas redes sociais, que evidentemente repercute e repercutirá, aínda máis, nas bibliotecas…
Para dar unha definición sinxela do que se entende por 2.0 extraerémola da Wikipedia (peza clave deste fenómeno): "todas aquellas utilidades y servicios de Internet que se sustentan en una base de datos, la cual puede ser modificada por los usuarios del servicio, ya sea en su contenido (añadiendo, cambiando o borrando información o asociando datos a la información existente), bien en la forma de presentarlos, o en contenido y forma simultáneamente." (Ribes, 2007). A web convírtese nunha plataforma que posibilita a interrelación entre os usuarios, que pasan a ter un papel moi activo, xa que non só acceden á información, senón que ademais aportan contidos e coñecementos.
Para os bibliotecarios a web 2.0 tamén supón un avance e un reto, xa que pasamos da biblioteca tradicional onde atopamos as coleccións de libros ou calquer outro tipo de material para ser prestados ou consultados á biblioteca 2.0 na que se produce un cambio nos servizos prestados aos usuarios (servizos en línea, emprego de OPACs e fluxo de información por parte dos usuarios hacia a biblioteca), polo que estes novos servizos están en constante actualización.
Para facer fronte a todos estes retos que nos supón a web 2.0, moitas institucións están levando a cabo cursos de formación para bibliotecarios, documentalistas, e todas aquelas persoas relacionadas coa xestión de información.
Un dos proxectos máis interesantes é o que está desenvolvendo a Asociación Española de Documentación e Información (SEDIC) denominado Comunidad 2.0.
Esta Web Social para Profesionais de la Información baséase nunha comunidade de prácticas que comezou o pasado 21 de abril e rematará o vindeiro 18 de xuño. O que se pretende con ela é dar a coñecer aos profesionais da información o que se entende por web 2.0 e as súas ferramentas.
Non se trata dun curso común, o seu enfoque é totalmente 2.0, mediante un blog cada semana vanse tratando diversos temas coordinados por un tutor e os usuarios inscritos na actividade poden participar a través de comentarios.
E tal o interese q existe por mergullarse na web 2.0 que o número de inscritos para participar no curso superou os 1.500 usuarios.
Os tutores encargados de colgar os post son grandes profesionais, que contán xa cunha destacable presenza na web, referímonos a: José Antonio Merlo, Luis Rodríguez Yunta (coordinadores); Nieves González, Catuxa Seoane, Fernando Juárez, Dídac Margaix, Isabel Fernández, Marcos Ros, Natalia Arroyo, María Jesús Butera Fajardo (tutores) e Julio Igualador (soporte técnico).
Cada un destes profesionais centrase cada semana nun tema concreto, estes son:
web social para profesionais de la información
publicación en blogs
sindicación de contenidos
aplicaciones de escritorio
archivos compartidos
wikis, podcasting y comunicación
etiquetas, favoritos sociales y filtrado de noticias
redes sociales
Como se pode ver o novo concepto de biblioteca e de web 2.0 está evolucionando moi rapidamente, polo que temos que estar pendentes destes avances que están a mudar a nosa maneira de traballar e de relacionarnos cos nosos usuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario