viernes, 7 de mayo de 2010

Achégate á información!

O Grupo de Traballo de Formación de Usuarios do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña organiza uns cursos os días 11 a 13 de maio nos Campus de A Coruña e de Ferrol destinado ó alunos de 1º e 2º ciclo.

O obxetivo principal de ditas xornadas é a adquisición de competencias no uso dos recursos que dispón a nosa biblioteca universitaria.

Impartirase polo persoal das distintas bibliotecas en modalidade semipresencial, cunha duración de 10 horas, 4 delas on-line a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Realizarase en quendas de mañá ou de tarde (2 horas cada día de 11.00-13.00 e de 18.00-20.00).


Os asistentes recibirán un certificado co recoñecemento dun crédito de libre configuración.

Podedes atopar o formulario de inscripción na páxina web do Servizo de Biblioteca da UDC.
Para máis información non dudedes en chamar á Sección de Información e Referencia ós seguintes teléfonos de contacto: 981 167 000, nas extensións 5663 (edición A Coruña) e 3602 (edición Ferrol).

No hay comentarios: