jueves, 13 de mayo de 2010

Mostra na Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación


A partir do 12 de maio e ata o 12 de xuño podes visitar na Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación unha nova mostra relacionada co mundo da sétima arte.

Co gallo da celebración da 63ª edición do Festival de Cannes os que ata alí se acheguen poderán ver: dúas recompilacións de material audiovisual, unha dos filmes premiados en Cannes entre os anos 2004-2009 e outra da filmografía de Tim Burton (presidente do xurado deste ano) ademáis dunha selección de bibliografía relacionada cos filmes e directores/as premiados nas diferentes edicións do festival.

A Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación pecha así a súa programación de mostras do primeiro semestre (Premios Goya, Día da Muller Traballadora, Premios Oscar e Festival de Cannes).

No hay comentarios: