viernes, 21 de mayo de 2010

Xornadas de formación no Web of Knowledge






A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, FECYT, responsable da xestión da Web of Knowledge en España, inicia un ciclo de formación para usuarios e investigadores.

O calendario de actividades de maio péchase o día 31 coa celebración de dous cursos na Universidade da Coruña, nos campus de Ferrol e A Coruña.

Ditas xornadas están destinadas a usuarios avanzados, con coñecementos previos da plataforma da Web of Knowledge. Exporanse as principais novidades en Researched ID, Web of Science e EndnoteWeb e darase formación específica sobre evaluación da investigación e consellos para realizar buscas bibliográficas efectivas na Web of Science.

O curso no campus de A Coruña será en quenda de mañá de 11:00 a 14:00 horas no Edificio Xoana Capdevielle, e de tarde no campus de Ferrol, Facultade de Humanidades, de 18:00 a 21:00 horas. O prazo de inscripcións está aberto dende o 14 de maio. Posto que o aforo de cada curso é limitado a 50 prazas, é necesario rexistrarse.

No hay comentarios: