A extraordinaria importancia que ven adquirindo o coñecemento das variadas e variabeis tecnoloxías e fontes de acceso á información, obriga á Biblioteca Universitaria a programar a realización de xornadas de formación destinadas á súa comunidade de usuarios respecto da oferta propia de recursos que dispón como apoio á docencia, estudio e investigación.
No último semestre, dende a Sección de Información e Coordinación foron en total doce os cursos impartidos, adaptados ó nivel de coñecementos dos usuarios.
Como xa ven sendo habitual, os formadores das distintas plataformas de bases de datos coas que contrata a Universidade, visitáronnos para presentar as funcionalidades dos seus productos dun xeito máis exhaustivo. Nesta última tempada, foron por parte de Elsevier e Emerald en xaneiro , EBSCO en febreiro, e Proquest en marzo e maio; e por último, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía respecto da Web o Knowledge ca súa presentación das novas incorporadas recentemente.
Unha novidade a resaltar é o aproveitamento que se fixo do Campus Virtual da Universidade para a realización do primeiro curso semipresencial destinado a alumnos de 1º e 2º ciclo, elaborado conxuntamente polo Grupo de Traballo de Formación de Usuarios. Dende aquí valoramos positivamente a participación que a través do foro se fixo manifesta coas opinións e suxestións en torno á biblioteca universitaria, que acollemos de bo grado dada a súa importancia na mellora do servizo.
Ademáis dos cursos impartidos polas distribuidoras de bases de datos e revistas electrónicas xa citadas, engadíronse outros adicados á biblioteca dixital da UCD e próximamente xa no mes de xuño, ó metabuscador Pórtico e o resolvedor de enlaces SFX impartidos polo propio persoal da Sección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario