jueves, 17 de junio de 2010

Presentación de comunicacións ás Xornadas: "O Libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino"





A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación convoca á participación no seminario que está a organizar sobre "O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino", e que se celebrará os días 21 e 22 de Outubro do 2010.

No blog infórmase sobre os obxectivos, o programa provisional e as condicións nas que se enviarán as comunicacións e os posters.

Contarase coa participación de librarías e distribuidoras de libros-e cos que teremos a oportunidade de probar as tecnologías emerxentes na lectura de formatos dixitais.

Trátase dunha oportunidade máis para achegarse á actualidade e os posibles derroteiros por onde discurrirá este tema en constante evolución, e que presenta importantes desafíos ó ámbito do ensino e as bibliotecas, especialmente universitarias, polo que non está de máis realizar estas xuntanzas para aunar propostas, experiencias e esforzos na procura dunha adaptación que se sospeita irreversible.

No hay comentarios: