viernes, 26 de noviembre de 2010

O BIBLIOTECARIO COMO ASESOR DOS INVESTIGADORES


A Biblioteca da Universidade da Coruña organiza un curso "O bibliotecario como asesor de investigadores: que debe coñecer o bibliotecario para prestar apoio ós investigadores?, dirixido ao personal das bibliotecas dos seus centros.
O curso será impartido por Tomás Baiget, e pretende formar aos técnicos nas novas tendencias da edición científica, e tamén impulsar as vías de publicación en aberto; por outro lado, quérese incidir no uso de ferramentas tecnosociais para impulsar a presencia de bibliotecas e investigadores na rede.
O curso celebrarase na Coruña os días 13 e 17 de decembro, cunha duración de 8 horas, e forma parte do Plano de formación integral do PAS da UDC.

viernes, 19 de noviembre de 2010

CURSOS DE FORMACION DE USUARIOS


Achégate á información!
O Grupo de Traballo de Formación de Usuarios do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña organiza uns cursos os días 1, 2 e 3 de decembro nos Campus de A Coruña e de Ferrol destinado aos usuarios da biblioteca.
O obxetivo principal de ditas xornadas é a adquisición de competencias no uso dos recursos que dispón a nosa biblioteca universitaria.
Impartirase polo persoal das distintas bibliotecas en modalidade semipresencial, cunha duración de 10 horas, 6 presencias e 4 horas on-line a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Realizarase na Coruña en quendas de mañá ou de tarde, dúas horas cada día das 11.00 ás 13.00 e das 18.00 ás 20.00; para Ferrol teremos unha quenda de tarde dás 16.00 ás 18.00. Si a demanda é moita faranse outras quendas nos días 8 e 9 de decembro.
Os asistentes recibirán un certificado co recoñecemento dun crédito de libre configuración.
Podedes atopar o formulario de inscripción na páxina web do Servizo de Biblioteca da UDC.
Para máis información non dudedes en chamar á Sección de Información e Referencia ós seguintes teléfonos de contacto: 981 167 000, nas extensións 5663 (edición A Coruña) e 3602 (edición Ferrol).
Animádevos¡

viernes, 12 de noviembre de 2010

EL QUIJOTE DIXITAL

Fai unhas semanas que se presentou na Biblioteca Nacional de España unha estupenda edición dixital de El Quijote. Este libro interactivo é un proxecto que permite un achegamento innovador á primeira edición da obra cumio de Cervantes, conservada nos fondos da Biblioteca Nacional de España. Grazas a esta iniciativa é posible gozar do Quixote coma se tivese o libro nas súas mans, ao tempo que se pode acceder a contidos multimedia que axudan a contextualizar a obra. Entre outras cousa podese ver en vídeo El retablo de Falla, unha galería de documentos efímeros sobre a obra ou una mapa dos recorridos do fidalgo, con imáxenes da súas aventuras e da súa caída.
O libro fíxose coa dixitalización a moi alta calidade dos exemplares que conserva a BNE da primeira edición do Quixote: a de Madrid de 1605 e a de Madrid de 1615; arredor desta construíuse este portal interactivo con contidos procedentes de 43 edicións distintas do Quixote e doutras 21 obras máis, todas pertencentes á BNE.
E unha ledicia pasear polas suas páxinas orixinais, é tamén leelo na transcipción actual.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Factor de Impacto


O investigador desexa que o seu traballo sexa publicado en revistas u noutros medios que lles proporcione a máxima difusión e visibilidade. A súa consecución constitúe mérito nos procesos de avaliación polas axencias nacionais xa sexa para obter a necesaria acreditación cara ó acceso á carreira docente na universidade, para recoñecemento de sexenios, ou avalar proxectos de investigación.

Dende que E. Garfield ideou o índice de impacto empregado para as revistas da WOK, vense sucedendo diversas fórmulas -índice de inmediatez, índice h, cuartil,etc…- que que se foron adaptando á dinámica de publicación científica dos países ou determinadas áreas temáticas. É o caso de iniciativas nacionais, coma IN-RECS, IN-REJS, -que acaban de publicar os índices de impacto do ano 2009- DICE, RESH,MIAR, AGAUR, Scimago Journal, na súa maioría volcadas na análise das revistas españolas de Ciencias Sociales, Humanísticas e Xurídicas; ou internacionais coma LATINDEX ou ERIH, de ámbito xeográfico iberoamericano e europeo respectivamente.

A todos estos índices podedes acceder para a súa consulta a través da nosa páxinarecentemente actualizada. No blogroll atoparedes algunha dirección de indicadores bibliométricos como o do Grupo EC3.

E de sumo interese, o curso de acceso aberto impartido na plataforma virtual docente da Universidade Complutense de Madrid.