O Acceso Aberto ou Open Access (OA) é o termo empregado para describir o libre acceso á literatura científica en liña. A súa característica esencial é a dispoñibilidade universal dos recursos, co único límite de darlle aos autores o control sobre a integridade dos seus traballos e o dereito a ser recoñecidos e citados. En relación co acceso aberto están os repositorios: colección de obxectos dixitais, basada na web, de material académico producido polos membros dunha institución, cunha política definida e cunhas caraterísticas específicas como son o autoarquivo (o contido é depositado polo creador, propietario dos dereitos), a libre accesibilidade e a preservación a longo prazo frente á pouca perdurabilidade de Internet.
En España, existen varias disposicións que abordan a trasferencia de resultados da actividade investigadora e a titularidade dos dereitos patrimoniais do coñecemento xerado: A Lei 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostible, di que "os resultados das actividades de investigación, desenvolvemento e innovación [...], así como o dereito a solicitar os títulos de propiedade industrial axeitados para a súa protección xurídica, pertencerán ás entidades cuxos investigadores os obtiveran no exercicio das funcións que lles son propias". A Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, expón que "o persoal de investigación cuxa actividade investigadora sexa financiada maioritariamente con fondos dos Orzamentos Xerais do Estado, fará pública unha versión dixital da versión final dos contidos que foran aceptados para publicación". Tal depósito deberá realizarse en "repositorios de acceso aberto recoñecidos no campo do coñecemento no que se desenvolveu a investigación, ou en repositorios institucionais de acceso aberto". O Real decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento, di que unha vez aprobada a tese de doutoramento, a universidade ocuparase do seu arquivo en formato electrónico aberto nun repositorio institucional.
Para apoiar o OA, na Universidade da Coruña contamos co RUC, o Repositorio da Universidade da Coruña, que foi un dos primeiros repositorios institucionais que apareceron en España e proporciona de xeito estable e seguro a difusión e preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC. Animádevos a depositar nel, é moi sinxelo. Tedes máis información na súa páxina web e nesta guía de uso elaborada pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC.

2 comentarios:
QUIERO SUGERIROS QUE EN FERROL PODAMOS DISPONER DE UNA BIBLIOTECA QUE PRESTE SERVICIO LAS 24 HORAS INCLUIDOS FINES DE SEMANA, TIENEN EL EJEMPLO EN SANTA CRUZ DE TENERIFE CON LA BIBLIOTECA "ALTEA",NO SOLO PARA ESTUDIANTES UNIVERSITARIOS, PARA TODA PERSONA QUE SE QUIERA FORMAR O ESTE REALIZANDO CURSOS Y PRECISE DE LOS SERVICIOS QUE NOS PUEDEN OFRECER ESTOS EDIFICIOS PUBLICOS QUE DE MOMENTO CONSIDERO MAL APROVECHADOS.UN CORDIAL SALUDO DE UNA ESTUDIANTE NO UNIVERSITARIA QUE PAGA SUS IMPUESTOS

Publicar un comentario