viernes, 25 de mayo de 2012

RECORTES E REITORES

Os reitores das universidades non acudiron á reunión do Consello de Universidades que se tiña que levar a cabo este mércores, 23 de maio. A razón foi que o Ministerio de Educación non fixo caso á súa petición de incluir na orde do día do encontro, o debate do Real decreto lei de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo. Aquí tedes o comunicado da CRUE onde se dá máis información. Neste eido, o Claustro da UDC aprobou o 15 de maio pasado, unha declaración en defensa da universidade pública, presentada polo reitor, Xosé Luís Armesto, logo de a consensuar previamente, na que se recollen os seguintes puntos:
- A educación universal, pública e de calidade é un dereito fundamental, base da formación de persoas libres e críticas e dunha cidadanía responsable.
- A oposición á suba do custo das matrículas universitarias.
- Pide que se retiren os mecanismos propostos para revisar a dedicación docente, por seren ineficaces e constituíren unha ameaza para a calidade da formación e da investigación.
- Reclama un financiamento público necesario para que a UDC poida converxer coas universidades do entorno europeo coas que se a compara.
- Pide a participación da comunidade universitaria e da sociedade na defensa do dereito fundamental á educación e á mellora do sistema universitario como servizo público esencial garante da democracia e da cohesión social.
- Comprométese a introducir as medidas necesarias para acadar un mellor rendemento social dos fondos públicos investidos na universidade.
O golpe na mesa xa tuvo as súas consecuencias: a última hora de onte xoves, despois da Conferencia Sectorial de Educación cos representantes das comunidades autónomas, Wert rectificou e comprometeuse a convocar aos reitores, para mellorar e aplicar as reformas, según informa hoxe La Opinión de A Coruña.

No hay comentarios: