viernes, 1 de junio de 2012

Facebook e as bibliotecas


As redes sociais como Facebook e Twitter son importantes para as bibliotecas xa que a través delas poden difundir as súas novas, eventos e actividades que levan a cabo, ligazóns de interese para a súa comunidade e por riba de todo, porque poden comunicarse cos seus usuarios rápida, eficaz e directamente. Estes, á súa vez, teñen a opción de compartir e redifundir información, artigos, facer comentarios, pedir axuda ou discutir algún tema específico.

Exemplos de bibliotecas que contan con Facebook son a Biblioteca Nacional de España e a Library of Congress; entre as universitarias destacamos a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC) e, por suposto, tamén a páxina da nosa sección, a de Información e Coordinación da Biblioteca da UDC, na que damos conta de novidades da UDC, cursos de formación, e máis cousas que consideramos que poden ser de interese para os usuarios.

Das bibliotecas da Universidade teñen páxina en Facebook as seguintes: a da Casa do Patín de Ferrol, a da Escola Politécnica Superior de Ferrol, a da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, a da ETS de Arquitectura, a da ETSE de Camiños, Canais e Portos, a da Facultade de Ciencias, a da Facultade de Ciencias da Educación, a da Facultade de Ciencias da Saúde de Oza e a da Facultade de Económicas. (Se falta algunha, desculpade, foi que non a atopamos, avisádenos e a incluímos :-) ).

No hay comentarios: