martes, 19 de junio de 2012

DOI (Digital Object Identifier)


O DOI, en galego, "identificador dixital de obxecto" é o indicador persistente que máis se utiliza para os artigos científicos electrónicos, revistas completas, partes de artigos, audios, vídeos, imaxes e incluso software. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non muda co paso do tempo, aínda que o artigo sexa reubicado nun servidor distinto ao que foi aloxado nun principio.
Boas prácticas documentais son empregar o código DOI para:
  • Citar documentos científicos electrónicos.
  • Publicar documentos científicos electrónicos.
  • Buscar e localizar documentos científicos electrónicos.
Os editores deben solicitar o número DOI ás axencias de rexistro correspondentes, para a información científica a máis importante é CrossRef, que se utiliza para as publicacións académicas en xeral.
Un DOI consta dun prefixo e dun sufixo. O prefixo sempre comeza con "10.nnnn/" onde "n" representa o editor (por exemplo "10.1108/" identifica un traballo publicado por Emerald e "10.1016/" un traballo publicado por Elsevier). O sufixo pode ter diferentes formas e identifica un artigo ou libro específicos.
Para acceder a calquera documento a través do seu DOI temos o DOI resolver.
A partir deste ano 2012 converteuse na norma ISO 26324:2012, Information and Documentation – Digital object identifier system.

No hay comentarios: