martes, 26 de junio de 2012
Lanzamento da nova European Library
The European Library (TEL) convertirase nun novo servizo de descubrimento en liña para investigadores co seu acceso a 200 millóns de fontes fiables de bibliotecas de 46 países europeos. Vai ser lanzada en Tartu (Estonia) o próximo 27 de xuño ás 20.00 h, durante a 41ª Conferencia Anual de LIBER.
TEL foi creada en 2005 como un servizo da CENL (Conference of European National Libraries). Ofrecía acceso, por medio dunha busca federada, á colección das bibliotecas nacionais europeas.
A nova European Library é o resultado dunha asociación entre a CENL e outras tres organización bibliotecarias: LIBER (Ligue des Bibliothèques Européenes de Recherche), CERL (Consortium of European Research Libraries) e a Fundación Europeana.
Proporciona entrada rápida e fácil a través dun índice central ás coleccións das bibliotecas nacionais europeas e a un número crecente de bibliotecas universitarias. Incorpora tamén ferramentas para investigadores, como a posibilidade de exportar rexistros a servizos de administración de referencias e descargar metadatos de alta calidade para minería e explotación de datos. Ademais é o agregador de bibliotecas para Europeana.
Máis información na área de prensa de Biblioteca Nacional de España.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario