viernes, 14 de septiembre de 2012
A Biblioteca Universitaria da UDC
A Biblioteca da Universidade da Coruña ofrece a@s aproximadamente 25.000 alumn@s que cursan estudos de grao, mestrados oficiais, doutoramento e posgraos propios, unha extensa colección de libros e revistas en papel, libros e revistas electrónicas, películas, arquivos de ordenador, mapas, imaxes, bases de datos, … repartidos entre a páxina web da Biblioteca, a Biblioteca Central e as 16 bibliotecas de centros e intercentros.
É importante destacar o gasto que se fai anualmente en recursos de información que, según as estatísticas de Rebiun de 2010, foi de case 2.570.000 euros.
A cantidade que se gastou por usuari@ en 2010, según estas mesmas estatísticas, foi de 102 euros na UDC; na Universidade de Santiago de Compostela (onde teñen máis de 38.000 alumn@s) resultou algo menor, de 92 euros; e na Universidade de Vigo, onde dan servizo máis ou menos ao mesmo alumnado que na UDC (25.000), tamén de 92 euros.
Axúdanos a que os millóns de euros investidos nestes recursos se aproveiten utilizando ao máximo todo o que as bibliotecas da UDC che brindan!
Ademáis pretendemos achegarnos mellor ás/aos nos@s usuari@s mediante os cursos de formación que ofertamos, e a través das tecnoloxías da web 2.0 como blogs, facebook e twitter. Desta maneira temos a oportunidade de actuar de maneira bidireccional con tod@s vos, e así retroalimentaremos o noso labor e traballo coas aportacións de aquelas/es que queiran compartir con nós os seus coñecementos e infomacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario