viernes, 21 de septiembre de 2012
O Traballo de Fin de Grao na UDC
Como @s alumn@s dos graos sabedes, sobre todo os de último curso, o traballo de fin de grao (TFG) supón a realización por parte de cada estudante de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. Deberá estar orientado a se aplicaren as competencias xerais asociadas ao voso título.
Desde a Biblioteca queremos axudarvos convocando, como levamos a facer os últimos anos, cursos de formación de usuarios sobre como se fai un traballo de grao.
Tamén aproveitamos a ocasión para falarvos do RUC, o Repositorio Institucional da UDC, que é o arquivo dixital da produción científica e académica da UDC, no que será publicado o voso traballo se é seleccionado pola comisión encargada de avaliar os TFG.
Algunhas das vantaxes de publicar os traballos académicos no RUC son que estes terán unha maior visibilidade en internet, xa que os repositorios inflúen no posicionamento web de buscadores como Google e Google Académico, e en recolectores de obxectos dixitais internacionais como OAIster ou Driver; ademais lle dan a cada documento unha dirección URL estable.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario