viernes, 5 de octubre de 2012

BIC: Biblioteca de Interese Cultural


Moitas das bibliotecas da UDC contan nos seus fondos cun apartado denominado "Biblioteca de Interese Cultural" (BIC), con obras non relacionadas específicamente coa temática daquelas, nel podedes atopar desde libros divulgativos, pasando por novelas, ata cómics (a Biblioteca da EU de Arquitectura Técnica elaborou unha Guía de cómics moi interesante). Estes documentos teñen un periodo de préstamo especial de 30 días para todos os usuarios (alumnos, profesores, investigadores, persoal de administración e servizos, e autorizados externos).
As bibliotecas que posúen esta sección na súa colección son a da ETS de Arquitectura, EU de Arquitectura Técnica, Facultade de Ciencias, Facultade de Dereito, Facultade de Economía e Empresa, Facultade de Informática, e Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación, pero si sodes doutra escola ou facultade non vos preocupedes, tedes a posibilidade de pedir calquera obra da BIC no mostrador da vosa biblioteca a través do préstamo intercentros.
Se queredes algún libro concreto podedes buscalo no catálogo por autor ou título, pero se só vos interesa botar unha ollada para ver o que hai, a mellor forma é introducindo na caixa de busca do catálogo 'BIC' e seleccionando nos despregables Busca en 'Arquitectura Superior' (por exemplo) e Por 'Signatura', tal e como aparece na imaxe.

No hay comentarios: