A UDC leva a cabo a exposición "A Universidade coa empresa" desde o pasado 1 ao 21 de outubro de 2012 nos Cantóns, A Coruña.
Esta exposición contén un resumo dalgúns dos casos de éxito dos grupos de investigación da Universidade da Coruña en materia de transferencia cara ao sector empresarial e liñas de colaboración con gran proxección no futuro.
Relacionadas coa exposición terán lugar unha serie de actividades con obxectivo de contribuír ao fortalecemento da relación entre a UDC e outras empresas do contorno e a sociedade en xeral.
O 6 de outubro, o científico e divulgador Xurxo Mariño en colaboración co actor Vicente de Souza protagonizaron o discurshow "Protón: a fascinante historia dunha partícula inmortal... ou case", unha actividade de difusión da ciencia no que transmiten algúns conceptos, ideas ou situacións en relación coa historia do universo, a formación do sistema solar e o planeta terra. Se non tivéchedes a oportunidade de asistir, podedes velo na seguinte ligazón: http://www.eitb.tv/es/#/video/1874150552001.
Os próximos eventos serán:
- Encontro universidade-empresa: Oportunidades de financiamento en I+D para o sector da enxeñaría. 16 de outubro, 10.00 h, Fundación Barrié.
- Foro Xuventude en Movemento. 16-18 de outubro, Facultade de Economía e Empresa.
- Conferencia "A transferencia e valorización da investigación como motor do desenvolvemento económico e social". 18 de outubro, 18.00 h, Fundación Barrié.
No hay comentarios:
Publicar un comentario