jueves, 28 de febrero de 2013

A lectura o libro e as bibliotecas


Por lectura entendemos o proceso de significación e comprensión dalgún tipo de información ou ideas almacenadas nun soporte e transmitidas mediante algún tipo de código, usualmente unha linguaxe, que pode ser visual ou táctil.

Seguindo o Calendario do Libro e da Lectura 2013, ao longo deste ano terán lugar diversos aniversarios significativos para a literatura galega e conmemoracións habituais arredor do libro e da lectura, por exemplo:
  • En marzo celébranse anualmente o Día Internacional da Poesía e o Día Mundial do Teatro, para dar paso á celebración do libro en abril.
  • No mes de maio, celebración do Día das Letras Galegas. Este ano, o autor elixido pola Real Academia Galega é o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
  • 50º aniversario do pasamento do escritor Gonzalo López Abente, o 23 de xullo.
  • No segundo semestre do ano sucederanse outras conmemoracións como o Día Internacional dos Arquivos, o Día Internacional da Tradución, o Día da Biblioteca ou o Día das Librarías.
  • No mes de decembro, celébrase tamén o Día da Edición coincidindo co aniversario do nacemento do editor Ánxel Casal.
Para finalizar queremos destacar os seguintes datos do informe "Hábitos de lectura e compra de libros en España", realizado para a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE):
  • Do total da poboación española de 14 ou máis anos, o 92% le en calquera tipo de material, formato ou soporte (impreso ou dixital) cunha frecuencia trimestral. Destes, máis de 8 de cada 10 len con frecuencia semanal (lectores frecuentes).
  • A media de libros (non de texto) comprados en Galicia superan a media española (10,7 fronte a 9,1).
  • Os universitarios rexistran as porcentaxes máis altas na lectura de calquera material. A maior nivel de estudos, a porcentaxe de lectura é tamén maior.
  • Do total da poboación lectora de libros, o 9,5% tomou prestado o último libro leído dunha biblioteca.
  • O 30,1% da población de 14 ou máis anos di ter ido a algunha biblioteca ou bibliobús no último ano.
  • Entre as actividades que realizan os asistentes á biblioteca destaca o uso do servizo de préstamo, (54,3% dos que van), a consulta de libros alí mesmo ou a lectura en sala (35,3%) e o estudo ou a realización de traballos con materiais propios (29,0%). Un 14,8% usa os recursos electrónicos da biblioteca (Internet, préstamo de audiovisuais, consulta/lectura/audición de medios audiovisuais).
  • Concluímos con que o 63% dos entrevistados afirman ler libros. Este dato increméntase en 1,6 puntos respecto ao barómetro de 2011.

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

In faсt I would гecommеnd insteаd
of using a mоbile phοne, 83 mіllion of which іs the weakest housing mаrket.


Alѕo visit mу weblog: free dating
Also see my page > Http://2Datingtoday.Net