miércoles, 6 de marzo de 2013

Día Internacional da Muller, 8 de marzo


O próximo venres 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller, e toda esta semana tiveron e terán lugar na UDC diversos actos:

-          - 7 de marzo, Facultade de Informática, 12.30 h: conferencia “Ada Lovelace ou a encantadora de números e a súa repercusión no século XXI”.
-          - 7 de marzo, Facultade de Economía e Empresa, 20.00 h: obra de teatro “María Castaña”.
-          - 12 de marzo, Facultade de Dereito, 17.00 h: proxección documental “Las constituyentes”, de Olivia Acosta.

Entre todas as actividades destacamos a exposición bibliográfica “Mulleres nas bibliotecas da UDC” que estará ubicada nas seguintes bibliotecas dos campus da Coruña e de Ferrol do 8 ao 15 de marzo: Biblioteca da Escola Politécnica Superior, Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica, Biblioteca da ETS de Arquitectura, Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, Biblioteca da Facultade de Ciencias, Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Biblioteca da Facultade de Informática.

Esta exposición é unha homenaxe a todas aquelas mulleres que traballaron e traballan nos distintos eidos da ciencia, a cultura a tecnoloxía ou a arte. Cada biblioteca participante escolleu varias mulleres destacadas dentro do seu ámbito e delas presentan a súa vida e obra. Podedes consultar na seguinte ligazón o documento interactivo sobre as mulleres ás que está dedicada a exposición.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Excellent article. Keep posting such kind of information
on your site. Im really impressed by your blog.
Hi there, You've performed a great job. I'll definitely digg it and for my part suggest to my
friends. I'm sure they'll be benefited from this web site.


Here is my blog post - uh-huh
Also see my web site > 63685