Triste noticia dentro da cultura galega, Xosé
Luis Méndez Ferrín, ata o pasado 13 de marzo presidente da Real Academia Galega, presentou a
súa dimisión ao fronte desta institución, a pesar de que varios dos seus
membros, entre eles Manuel
Rivas, pedíronlle que continuase.
A renuncia, cando aínda lle quedaba casi un ano de mandato
por diante, parece que vén provocada por división internas suscitadas a partir
da difusión de acusacións de nepotismo que afectaban a Méndez Ferrín e a dous
dos seus homes de confianza (o secretario e o tesoureiro da RAG). (Ligazón
á nova)
O escritor, que ingresou como académico no 2000 e foi
nomeado presidente en 2010, tamén abandonou a súa cadeira de académico, cadeira
que ocuparon anteriormente Antonio
Fraguas e Castelao,
entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario