viernes, 22 de marzo de 2013

A Biblioteca Universitaria da UDC e as redes sociais


A maioría das bibliotecas da UDC están presentes en redes sociais, a que máis éxito ten é Facebook, pero algunhas tamén contan con blogs, tamén Twitter, e despois hai outras, como a Biblioteca da Facultade de Ciencias, que ademais de Facebook e Twitter, está presente en Google +, Flickr e YouTube.

Entre os beneficios que as redes sociais ofrecen a unha biblioteca universitaria atopamos que:
- Promoven a interacción entre os usuarios e o persoal das bibliotecas, aumentando a comunicación, a colaboración e o coñecemento compartido.
- Permiten chegar a unha ampla audiencia.
- Son unha nova forma de obter visibilidade e ofrecer servizos.
- Soen ser gratuítas e de fácil uso.
- Actualízanse e pódense publicar rápidamente.
- Atraen os grupos de usuarios máis xoves.
- Ofrecen contidos e ligazóns ao sitio web da institución e/ou a outros sitios.
- Melloran a imaxe da biblioteca ao dispoñer dunha maior capacidade de atopar solución rápidas que satisfagan as necesidades dos usuarios.

No hay comentarios: