jueves, 4 de abril de 2013

Materiais útiles que ofrece a BUDC para realizar unha tese


Moitos dos nosos usuarios son de terceiro ciclo, polo tanto están a facer a tese de doutoramento. Entre a lexislación que regula as teses atopamos: a Lei 14/2001, de 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e o Real decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento. Desde a Biblioteca, ademais de formar tamén ofrecemos materiais útiles para realizar unha tese como por exemplo repositorios, páxinas webs e bases de datos.

Na UDC temos o RUC, que é seu o repositorio institucional. Nel encóntrase o texto completo de moitas teses publicadas na nosa institución e tamén dalgúns traballos de fin de grao.

En España atopamos:
- Recolecta: é a plataforma que agrupa todos os repositorios científicos españois.
- Dialnet: base de datos onde se pode consultar información sobre teses e, ás veces, o seu texto completo. Tamén atopamos libros, revistas, etc.
- TDR/TDX (Teses de doutoramento en rede): é un repositorio cooperativo que inclúe teses en formato dixital lidas en universidades catalás e doutras comunidades autónomas.
- Teseo: base de datos que recolle todas as referencias das teses de doutoramento lidas e consideradas aptas nas universidades españolas desde 1976, dalgunhas incorpora o texto completo.

No ámbito europeo existe DART-Europe: portal que inclúe teses publicadas en Europa en formato electrónico.

A nivel mundial destacamos NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertations): proxecto de biblioteca dixital de teses no que participan universidades de todo o mundo. Dalgunhas teses hai acceso ao texto completo.

E finalmente, como recurso de pago reseñamos Proquest Dissertations & ThesesA&I: cunha cobertura mundial, inclúe referencias de teses e tesinas lidas desde 1637, con resumo do autor das posteriores a 1980, e o texto completo da maioría das novas incorporacións.

No hay comentarios: