A Conferencia de Reitores das Universidades Española (CRUE)
emitiu o pasado 16 de maio un comunicado que comeza coa seguinte frase “A ciencia pode contribuír a atopar respostas
para saírmos da crise se se mantén o esforzo inversor na xeración de
coñecemento e innovación”. Os organismos internacionais tamén advirten que só
os países que invistan en educación e investigación terán unha boa perspectiva
de futuro, mais en España non se chega á recomendación do investimento de,
cando menos, o 3% do PIB en I+D+i.
Ao facer a análise dos presupostos de 2013, obsérvase que a
partida destinada a financiar a I+D continúa a adelgazar (7,22% respecto ao
2012), situándose en niveis de financiación de 2005.
A redución dos orzamentos da Xunta de Galicia no ámbito da
educación, afecta seriamente ás universidades galegas, sobre todo á UDC que, no
reparto dos cartos, saiu perxudicada. O seu reitor, Xosé Luís Armesto, alerta
de que a redución de fondos e as medidas legais impostas por parte das
administracións públicas, dificultan
o acceso aos estudos universitarios, diminúen
a autonomía da institución e poñen en perigo o desenvolvemento dos
proxectos competitivos de investigación.
Exemplos disto son a situación do físico da Universidade de
Santiago de Compostela, Diego
Martínez, que o mesmo día que foi nomeado mellor físico novo de Europa, viu
denegada unha bolsa Ramón y Cajal; ou a da bióloga valenciana Nuria
Martí que, tras ser despedida dun centro de investigación español, integra
agora o equipo estadounidense creador de células nai de embrións humanos
clonados.
Outra mostra, neste caso da dificultade no pagamento dos
estudos universitarios, é que a UDC, tras crear unha bolsa
excepcional de subvencións para sufragar o gasto da matrícula cun fondo de
15.000 euros (para o estudantado que durante o curso sufriu un problema
económico grave), recibiu un total de 26 solicitudes.
Unha boa explicación da situación da investigación en
Galicia tédela nesta tertulia
do programa Vía V de V Televisión, emitido esta semana.
Para rematar e volvendo parafrasear o comunicado da CRUE, parece claro que "é esencial que se priorice e estabilice o investimento en educación e I+D+i, dotándoas de flexibilidade e desvinculándoas da situación económica do momento".
1 comentario:
Concern Fresh Wind offers a construction investment for different tariff plans. Recently, many, survivors overcame the recent financial crisis, more ponder in which businesses invest money . According to conclusions of many of the leading the best analysts, one of the most construction investment . It is well known Everyone knows that the construction of less exposed to the risk of falling prices, in addition a given that, construction has always been important and in demand, and will be in demand. Even the economic crisis did not recaptured removed the desire for people to buy their own property. Therefore, investment in construction will always remain relevant and profitable.
Fwit Biz: [url=https://fwit.biz]where better to invest[/url]
Publicar un comentario