Scopus é unha
base de datos multidisciplinar á que temos acceso na Universidade da Coruña.
Contén máis de 20.000 revistas, publicadas por editores de todo o mundo;
inclúe patentes e web sites integradas, e outras funcionalidades
como dous métricas de factor de impacto de investigación chamadas Scimago Journal Rank
(SCR) e SNIP (Source-Normalized Impact Paper).
Este mes de maio van ter lugar na UDC unhas xornadas de
formación presencial nesta base de datos, organizadas pola Fundación Española para la Ciencia y la
Tecnología (FECYT).
A formación está destinada ao estudantado, persoal
investigador e persoal bibliotecario que desexe iniciarse no manexo desta
ferramenta (nivel básico, 2 horas), ou ben ao que xa coñece a plataforma pero
ten interese en profundizar nos seus contidos (nivel avanzado, 3 horas). Nos
dous niveis faranse demostracións e exercicios prácticos en ordenadores.
As datas, horarios, niveis e lugares son os seguintes:
Campus da Coruña: martes, 21 de maio:
- De 09.00 h a 11.00 h, nivel básico, aula 3 do CUFIE (no
Edificio de Apoio á Investigación).
- De 11.30 h a 14.30 h, nivel avanzado, aula 3 do CUFIE (no
Edificio de Apoio á Investigación).
- De 15.30 h a 18.30 h, nivel avanzado, aula 3 do CUFIE (no
Edificio de Apoio á Investigación).
Campus de Ferrol: mércores, 22 de maio
- De 09.30 h a 12.30 h, nivel avanzado, aula de informática da
Facultade de Humanidades.
A inscrición
comeza hoxe, 7 de maio. Para máis información, consultade a páxina
da FECYT.
1 comentario:
Stay awaу from these рrеscription ωeight loss pills for
men.
Feel freе to vіѕit my blog - https://wiki.creighton.edu/
Publicar un comentario