Aproveitando o curso de formación sobre a métrica de información que a Biblioteca Universitaria vai impartir o vindeiro 17 de outubro, dirixido sobre todo a persoal docente e investigador, queremos facervos unha pequeña introdución do que nel poderedes aprender.
Os principais recursos de pagamento que tratará son a Web of Knowledge (WoK) e Scopus.
WoK
é a plataforma de consulta do Institute
for Scientific Information (ISI), grupo integrado en Thomson Reuters, que
abrangue, entre outros, os seguintes produtos: os índices de citas Arts &
Humanities Citation Index, Science Citation Index Expanded, Social Sciences
Citation Index, e o Journal
Citation Reports (JCR). Este último proporciona un medio obxectivo para
determinar a relevancia das revistas (factor
de impacto), frecuencia das citas dunha revista, as revistas en que foi
citada, etc.
Scopus
é unha base de datos multidisciplinar que contén unha grande cantidade de
revistas publicadas por miles de editores internacionais. Inclúe patentes e web
sites integradas, así como dous métricas de factor de impacto da investigación:
Scimago
Journal Rank (SCR) e SNIP
(Source-normalized impact Paper).
Tamén se falará doutras ferramentas gratuítas como Google
Scholar Metrics, Microsoft
Academic Search ou CiteSeerX.
Consulta aquí o programa completo do curso e inscricións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario