lunes, 28 de octubre de 2013

Libros en acceso aberto


Como xa indicamos noutra ocasión, o acceso aberto implica a dispoñibilidade libre e gratuíta dos contidos científicos e académicos en internet. Os usuarios poden consultalos gratis, descargalos, imprimilos, distribuílos ou citalos.

Existen multitude de iniciativas que ofrecen revistas e libros científicos e académicos nesta modalidade, ademais de repositorios de documentos, materiais docentes e datos abertos (open data).

Hoxe queremos centrarnos nos portais de libros académicos en acceso aberto:

-SciELO libros: publicación en liña de coleccións nacionais e temáticas de libros académicos.
-DOAB, directory of open access books: a versión do DOAJ (directory of open access journals), para libros.
-OAPEN: biblioteca en liña e plataforma de publicación.

Nas editoriais científicas, ás veces, teñen un apartado con libros electrónicos gratuítos:
-SpringerOpen books, da editorial Springer.

Tamén existen iniciativas de editoriais universitarias, como por exemplo a Deusto Open Books.

Destacamos que OAPEN-NL ven de publicar un informe sobre o acceso aberto das monografías académicas. Nel demostran que o acceo aberto beneficia as vendas, uso e impacto dos libros electrónicos académicos.

No hay comentarios: