lunes, 4 de noviembre de 2013

Datos abertos (open data)


Considérase que o coñecemento é aberto se calquera é libre de utilízalo, reutilizalo e redistribuílo, coa única obriga de recoñecemento (aos contribuíntes e creadores da obra) e/ou compartir-igual (manter a mesma licenza ao divulgar a obra).

O termo ‘coñecemento’ inclúe contidos como música, películas e libros; información gobernamental e doutras administracións públicas; e datos científicos, históricos, xeográficos, ou de calquera outro tipo.

Trataremos hoxe dos datos científicos abertos (open data).

En Digital.CSIC indican que os datos científicos son datos xerados durante os proxectos de investigación. A descrición sistemática e a difusión destes datos mediante o depósito en acceso aberto (normamente en repositorios) son beneficiosos porque:

-Aumentan o impacto dos proxectos de investigación.
-Permiten citar e descubrir os conxuntos de datos xerados.
-Minimizan os riscos de perdas de datos para garantir a súa futura usabilidade.
-Cumpren cun número crecente de políticas de acceso aberto de axencias financiadoras de investigación.
-Garanten que os datos científicos sexan preservados.

Tamén sinalan en Digital.CSIC, que a difusión dos datos puros de investigación poden ser de interese para moitos segmentos da sociedade:

-equipos de investigación
-axencias públicas de investigación
-universidades
-centros de datos científicos
-bibliotecas, arquivos e museos
-estudantes e cidadáns con curiosidade pola ciencia.

Podedes consultar algún repositorios que conteñen datos abertos na páxina da Biblioteca da UDC.

No hay comentarios: