Tras os catálogos manuais, en papel e en fichas, apareceron os
catálogos en liña de acceso público (OPACs). Do seu comezo en 1984 ata hoxe,
experimentaron numerosos cambios.
Na actualidade temos os que se dan en chamar OPACs
enriquecidos que ofrecen:
- Información asociada ao rexistro bibliográfico (cubertas dixitalizadas, resumos, táboas de contido, etc.).
- A integración de recursos electrónicos como libros e revistas.
- Unha experiencia de busca mellorada con novas formas de visualización da información e navegación.
Catálogos moi interesantes son o WorldCat, o maior catálogo do mundo, con
máis de dous billóns de rexistros disponibles; e un pouco máis modesto, pero
utilísimo para obter información sobre documentos relacionados con Galicia (de
ou sobre Galicia, de ou sobre autores galegos, …), o Catálogo Galicia da Biblioteca da Universidade de
Santiago de Compostela, que busca en todo o seu fondo galego.
O catálogo da
Biblioteca da Universidade da Coruña contén os datos bibliográficos e a
localización de todos os documentos (libros, revistas, mapas, películas, etc.)
que se atopan nas nosas bibliotecas. Conta con diversas opcións:
- Novidades no catálogo: fondos incorporados ao catálogo durante o último mes e clasificados por biblioteca.
- Bibliografía recomendada: por materia de clase e por profesor.
- O meu rexistro, permite: comprobar que documentos se teñen en préstamo, ver a súa data de vencemento, renovalos, reservar documentos que estean prestados nese momento, consultar multas, consultar o historial de préstamos, crear alertas de buscas, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario