viernes, 17 de enero de 2014

Novidades da Web of Science


Hai uns días que se actualizou a versión da Web of Knowledge. As modificacións son principalmente na estética da interface, que se simplifica para facilitar as buscas.

A nova Web of Science incorpora na súa páxina principal as seguintes ferramentas: InCites (avaliación personalizada na web baseada nas citas das investigacións), o Journal Citation Reports (JCR), o Essential Science Indicators (ESI), o xestor bibliográfico EndNote, e o ResearcherID.

As bases de datos que inclúe son: a colección principal da Web of Science, Current Contents Connect, Derwent Innovation Index e MEDLINE.


Unha das melloras máis destacables é que unha vez realizada unha busca, se entramos nun rexistro bibliográfico podemos acceder ao cuartil ao que pertence a revista nas diferentes categorías e aos datos da revista na que se publicou o artigo. Ademais, se ese artigo ten presenza en ESI ou en Hightly Cited, tamén se pode ver esa información desde o rexistro.


Outras melloras son:
  • Nova sección de refinamento ‘Open Access’, que facilita a localización das revista en acceso aberto.
  • Algunhas funcionalidades cambiaron de sitio para estar máis accesibles. Un exemplo é o botón de ‘Analyze Results’, que atopamos na páxina de resultados de busca.


Algunhas das novidades estarán dispoñibles próximamente, como a nova base de datos de Scielo, a partir da última semana do mes de xaneiro. Tamén está prevista a integración con Google Scholar, pero aínda non hai unha data exacta de cando se fará.

Máis información sobre as novidades desta actualización.

A nova Web of Science (presentación de Thomson Reuters)

Titorial da nova interface 2014 realizado pola Universidade de Córdoba.

No hay comentarios: