viernes, 31 de enero de 2014

Recursos de información na Biblioteca da UDC


A Biblioteca da Universidade da Coruña ofrece ás súas, aproximadamente, 27.000 persoas usuarias unha extensa colección de libros e revistas en papel (805.000 e 9000, respectivamente), libros e revistas electrónicas (20.000 e 17.000, respectivamente), 42.000 documentos noutros formatos (películas, arquivos de ordenador, mapas, imaxes, …), 57 bases de datos, etc., repartidos entre a páxina web da Biblioteca e os 17 puntos de servizo.

Destacamos o gasto que se fai anualmente en recursos de información, aínda que nos últimos anos estase a ver reducido a consecuencia dos recortes nos orzamentos das universidades públicas. Según as estatísticas de Rebiun, en 2010 gastáronse 2.570.000 euros e en 2012, esta cantidade diminuiu ata 2.171.996 euros.

A cantidade total que se investiu no Servizo de Biblioteca por usuario en 2012, tendo en conta as ditas estatísticas, foi de 240 euros na UDC, 275 euros na Universidade de Santiago, e tamén 240 euros na Universidade de Vigo.

Agora máis que nunca é necesario que aproveitemos os millóns de euros destinados a estes recursos informativos que a Biblioteca da UDC brinda, utilizándoos o máximo posible.

Para aprender a manexar todos estes materiais podedes apuntarvos aos cursos de formación de usuarios que programamos desde a Biblioteca e anunciamos na sección de ‘actualidade’ da nosa web.

No hay comentarios: