lunes, 10 de febrero de 2014

Servizos de referencia virtual


A referencia virtual refírese á resolución de preguntas de información xeral sobre as bibliotecas ou especializadas temáticas, tamén de dúbidas sobre o uso do catálogo, etc., a través de medios non presenciais como poden ser o correo electrónico e servizos de chat.

Pregunte: las bibliotecas responden’ é un servizo cooperativo de atención de consultas e peticións de información a través de internet, e un dos máis coñecidos en España que ofrece a opción de preguntar en liña a través dun chat. Funciona as 24 horas e 365 días ao ano,e comprométese a contestar nun prazo máximo de 2 días (excepto festivos e fins de semana). As consultas poden ser de calquera tema e está aberto a toda a cidadanía.

Na Biblioteca da UDC contamos con ferramentas de resposta inmediata como o teléfono, e de resposta non inmediata como o correo electrónico, preguntas frecuentes e formularios electrónicos de consultas e buscas bibliográficas.

No hay comentarios: