lunes, 26 de mayo de 2014

Os MOOCs, cursos en liña masivos e abertos




O 22 e 23 de maio tiveron lugar en Barcelona as XII Xornadas CRAI “MOOCs y CRAIs: el futuro ya es presente”.

Estas xornadas tiñan como obxectivo principal reflexionar, profundar e debater sobre o papel e a función que os CRAIs – Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (bibliotecas, servizos de informática e servizos audiovisuais) poden xogar na produción de MOOCs nas universidades españolas.

Os MOOCs (Massive Online Open Courses, traducido como cursos en liña masivos e abertos) son unha modalidade de educación aberta que ofrece cursos gratuítamente a través de plataformas educativas en internet. A súa filosofía é liberar coñecementos para que este chegue a un público máis amplo.

Para que a ensinanza a distancia poda ser considerada MOOC, debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser un curso: cunha estrutura orientada á aprendizaxe, con probas ou avaliacións para acreditar o coñecemento adquirido.
  • Ter carácter masivo: o número de posibles matriculados é ilimitado e o seu alcance é global.
  • En liña: realízase a distancia, a través de internet.
  • Aberto: os materiais están accesibles de forma gratuíta en internet.

 Exemplos de plataformas que ofrecen MOOCs son:

Internacionais:


 En español:

No hay comentarios: