Como xa comentamos nalgunha outra ocasión, o Día das Letras Galegas
ten lugar desde 1963 todos os dezasetes de maio. Rosalía
de Castro foi a primeira homenaxeada porque nesta data conmemorouse o
centenario da edición en 1863 de Cantares Gallegos.
O 17 de maio de 2014 será protagonizado polo poeta e
tradutor Xosé
María Díaz Castro (Guitiriz, 1914 – Lugo, 1990). Este autor coñecía 14
linguas, pero só publicou unha obra, o poemario Nimbos (1961), que influiu nos
poetas galegos posteriores pola súa perfección e preocupación por Galicia e os
problemas básicos do ser humano, a vida, a morte e o tempo.
Adoita ser incluído entre a Xeración do 36 a
carón de poetas como Ricardo
Carvalho Calero, Celso Emilio Ferreiro
e Aquilino
Iglesias Alvariño.
Nun dos seus poemas máis coñecidos “Penélope”, reflexiona
sobre unha Galicia que permanece durmida pero para a que alberga esperanzas: unha
versión musicada deste
poema, por Fuxan os Ventos.
Podedes consultar que documentos temos sobre Díaz Castro e
localizar exemplares do seu poemario no catálogo
da Biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario