Continuamos co repaso aos recursos que ofrecemos na Biblioteca falando das revistas, tanto
en soporte papel, como en soporte electrónico.
Revistas en papel
Cada biblioteca
de centro ou intercentros conta cunha hemeroteca, onde se atopan as
revistas científicas das áreas temáticas correspondentes.
As revistas poden consultarse libremente pero non se
prestan, por este motivo ofrécese o uso de máquinas auto-fotocopiadoras para a
reproducción dos artigos que consideredes de interese. (Máis información sobre o servizo de
reprografía.)
Para buscar unha revista concreta, podes consultar o catálogo da Biblioteca.
Revistas electrónicas
As revistas electrónicas son publicacións periódicas cuxa
edición é dixital e en liña.
A maioría das suscritas pola BUDC están dispoñibles a texto
completo, aínda que nalgúns casos o acceso está limitado a un período de datas
concreto (a información das datas de acceso atópase na páxina de cada revista).
As revistas electrónicas pódense consultar a través de:
No hay comentarios:
Publicar un comentario