miércoles, 29 de abril de 2015

HUMANIDADES DIXITAIS



Hai unha correlación entre o desenvolvemento das bibliotecas dixitais e o xurdimento das humanidades dixitais (Dixital Hummanities, DH) como nova disciplina. Pola súa novidade, aínda non ten claramente definido o seu obxecto. En sentido estrito, supón unha evolución respecto da lingüística computacional ou Humanities Computing que, mediante a análise e a minería de textos literarios, permitía extraer información e conclusións sobre autoría, estilo, época, etc. Ao aumentar as fontes e a cantidade de textos dixitalizados, os métodos informáticos de minería e as conclusións aumentan tamén cualitativamente.

Na Universidade de A Coruña, o SIELAE (Seminario interdisciplinar para el estudio de la Literatura áurea española) e os seus recursos asociados BIDISO (Biblioteca Digital Siglo de Oro) e JANUS, Estudios sobre el Siglo de Oro,  constitúen un bo exemplo desta concepción das HD, como tamén o son ARACNE (Red de humanidades digitales y letras hispánicas, que aglutina proxectos nacionais como BIDISO) e HDH, Humanidades Digitales Hispánicas.

Nun sentido amplo, as humanidades dixitais non se circunscriben á área das letras (lingüística, literatura). Por exemplo, o emprego en arqueoloxía de técnicas de modelización en 3-D, de programas e instrumentos informáticos,  permite crear reproducións dixitais de calquera obxecto cultural; así, xa se fala de patrimonio dixital ou Digital Heritage. Hai diversos métodos para esas reconstrucións dixitais (ranged-based  digitales (ranged-basedescáner láser, lidar- ou image-based –cámaras dixitais-) e instrumentos adecuados para cada un (dende os mencionados iPhones ata os caros escáneres láser). Actualmente xa se fala de reexcavacións dixitais.    

Tamén a dixitalización de múltiples obras de arte contidas en sitios como Europeana (con reproducións de alta resolución e rexistros detallados de metadatos feitos polos museos que aloxan as obras) facilita o seu estudo. A European Association for Dixital Humanities (EADH) recolle esta concepción ampla da disciplina, ao incluír nela "historia da arte, estudos culturais, historia, procesamiento de imaxes, estudos de lingua e literatura, estudos de manuscritos, e musicología, entre outros."

Falabamos ao principio da relación entre as humanidades dixitais e as bibliotecas virtuais. O que naceu como un conxunto illado de proxectos de dixitalización en bibliotecas nacionais ou especializadas foi converxendo -grazas ao desenvolvemento de estándares internacionais de metadatos descritivos e de preservación,  de políticas cooperativas e masivas de dixitalización, de protocolos de intercambio e de recolección de rexistros- cara á Bibliografía Universal soñada por Otlet e La Fontaine. A biblioteconomía bascula cada vez máis cara ao dixital, tanto neste campo como no da catalogación, adaptada a Google e Internet; as bibliotecas, cos seus sistemas informáticos de xestión e OPACs, están cada vez máis na Rede, mediante o emprego e oferta de Internet, das súas redes sociais e da nova Web de Datos.

No hay comentarios: